Wednesday 08 de May de 2024

O Concello de Frades convoca un curso para obter o carné de manipulador de alimentos para o venres 11 de decembro


O Concello de Frades convoca un curso de manipulador de alimentos, que terá lugar o venres 11 decembro, ás 16:00 horas, no multiúsos fradense. Un curso de tres horas lectivas presenciais e que ten un custe de 20 euros. As persoas interesadas en participar deberán anotarse no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567.

Ao longo deste obradoiro, o alumnado adquirirá coñecementos relacionados coa nutrición e coa hixiene, así como coa manipulación dos alimentos. Ademais, analizarán os métodos para a conservación dos alimentos e os riscos que supón a súa alteración. O curso está dirixido a persoas interesadas en obter o carné de manipulador de alimentos, unha credencial imprescindible á hora de optar a un emprego en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos como bares, restaurantes, supermercados, garderías, transporte e distribución de alimentos, hostalería, sector cárnico e pescados, comedores escolares, residencias xeriátricas, axuda a domicilio, etc.